Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O renovado museo impulsará a difusión do legado de Rosalía

O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, percorreu a casa da Matanza para comprobar o resultado das obras de acondicionamento // Animou ós galegos a súa visita

    A Casa-Museo de Rosalía recibiu onte a visita do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, que estivo acompañado polos secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García para facer un percorrido polo edificio da man do presidente da Fundación, Anxo Angueira e o alcalde de Padrón, Antonio Fernandez, e comprobar, deste xeito, o resultado das recentes obras de rehabilitación.

    A casa da Matanza, onde residiu a escritora Rosalía de Castro os derradeiros anos da súa vida, vén de abrir hai tres semanas logo da segunda fase das obras de acondicionamento do inmoble, que foron cofinanciadas pola Consellería de Cultura e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Feder Galicia 2007-1013, e para as que se investiu un total de 200.000 euros. Vázquez Abad afirmou que "o obxectivo desta intervención é impulsar o magnífico labor da Fundación Rosalía de Castro, posto que agora, tras a súa rehabilitación e acondicionamento, este centro museístico conta coas mellores condicións para continuar desenvolvendo actividades encamiñadas á ampliación do coñecemento e a difusión do seu legado".

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    07 ene 2014 / 20:45
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito