Jueves 25.09.2008
Hemeroteca web
|
RSS
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución de axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de febreiro de 2008 pola que se convocaron, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a incentivación da demanda comercial (Liña INCEN), fomento da cooperación empresarial e da calidade (Liña COOP) e desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos de Galicia e eixes comerciais (Liña MECCA), no marco do Plano de renovación e mellora do comercio galego.
A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, investirá 6.705.151,05 euros nos 179 proxectos beneficiarios dos cales 67 se concederon a través da Liña COOP, 15 a través da Liña INCEN e 97 ao abeiro da Liña MECCA. Así mesmo, da cantidade global do crédito orzamentario, 1.050.856,83 euros corresponden á Liña INCEN; 2.015.468,60 euros á Liña COOP; e 3.638.825,62 euros á Liña MECCA.
O obxectivo destas tres ordes de subvencións é fomentar o asociacionismo comercial e as integracións estratéxicas entre o sector profesional galego como unha forma de afrontar a súa renovación atendendo ás novas demandas impostas polo mercado e superando tamén o ámbito das solucións individualizadas, tal e como marca o propio Plan de renovación e mellora do comercio galego 2006-2010.
