Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

DIVERXENCIA

A CIG cifra nun 75% o seguimento da folga do naval en Pontevedra e a patronal redúceo ó 5%

10.03.2010  CCOO e UXT aseguran que cinco dos nove estaleiros da provincia desenvolveron a súa actividade con "normalidade absoluta"

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EUROPA PRESS. VIGO

A CIG cifrou nun 75 por cento o seguimento da folga convocada para hoxe no naval da provincia de Pontevedra polo sindicato nacionalista, o maioritario no sector, mentres que a patronal reduciu a participación ó 5 por cento. 

O responsable da CIG no sector, Miguel Anxo Malvido, mantivo que a maioría dos estaleiros viron como a súa actividade se atopaba "paralizada", fóra de Metalships, onde recoñeceu que a incidencia do paro foi menor.

Pola súa banda, o voceiro da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), entidade que representa a 270 empresas, Enrique Mallón, trasladou a "satisfacción" da clase empresarial ó asegurar que as firmas pertencentes á industria auxiliar -que aglutina o 80 por cento dos traballadores do sector- traballaron "ó cento por cento" e que os nove estaleiros da provincia mantiveron unha actividade "case plena", salvo Hijos de J. Barreras, que operou ó 50 por cento da súa capacidade.

Respecto diso, Mallón desvelou a existencia de "presións" por parte da CIG para que os empregados desta compañía non accedesen ós seus postos á primeira hora da mañá. 

Esta denuncia tamén foi destacada polo voceiro de CCOO no sector, Ramón Sarmiento, que recriminou á CIG que "ameazase" a aquelas persoas que rexeitaron secundar o paro cando entraban nas empresas á primeira hora da mañá. Ademais, afirmou que membros dos piquetes ata "zarandearon" e "empuxaron" algúns empregados, que ó seu entender tiveron "moito valor" ó acudir hoxe ós seus postos. 

Pola súa banda, o representante de UXT, Diego Atanes, precisou que cinco dos nove estaleiros -Metalships, Vulcano, Armón, Armada e Factoría Naval de Marín- que alberga a provincia de Pontevedra desenvolveron a súa actividade "con absoluta normalidade" e que o resto realizaron un seguimento "disperso" da folga, polo cal considerou que a cifra achegada pola CIG "non é real".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS