Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 25.09.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

CLASE OBREIRA

A CIG celebrará o 10 de marzo cun paro no naval olívico

10.03.2010  UXT e CCOO volverán a Ferrol para renderlles homenaxe a Niebla e Rey

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

S.RIVEIRO

O sindicalismo galego volve hoxe a vista a 1972. Hai 38 anos, tal día como hoxe, Daniel Niebla e Amador Rey, traballadores de Bazán, morrían abatidos a tiros por metralladoras do réxime franquista. Outros 40 compañeiros resultaban feridos de bala. Reclamaban nas rúas de Ferrol, preto da ponte das Pías, un convenio colectivo digno para un estaleiro pechado ese día baixo sete chaves. A loita polos dereitos laborais segaba vidas. Como cada ano, CCOO e UXT conmemorarán e recordarán a estes mártires do sindicalismo na cidade departamental; non haberá un chisco de unión coa CIG, que acusa a estas centrais estatais de traizón ós intereses da clase traballadora, e que estenderá as súas mobilizacións non só a Ferrol, senón a todas as comarcas galegas e Vigo, grande epicentro das protestas, pois convocaron un paro no sector do naval olívico para hoxe.

"Mañá imos paralizar o sector", dicíalle onte o responsable do metal de CIG Antolín Alcántara, xusto antes de entrar á entraga de premios da central nacionalista onde o seu secretario xeral, Suso Seixo, instou para recuperar "o espíriro do 72". Segundo a CIG, a partir das 06.00 horas da madrugada de hoxe poderían comezar a tomar sitio os piquetes informativos ante as portas dos estaleiros olívicos. A CIG distinguiu co Premio 10 de marzo ós delegados da central nacionalista no comité de empresa de Caramelo pola súa defensa dos 237 traballadores afectados polo ERE.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS