Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

Espectacular atraco en Negreira na sucursal bancaria de Banesto

10.03.2010  Dous individuos esperaron na súa vivenda do Milladoiro ó traballador que abría o banco e retiveron a todo o persoal ata conseguir o botín, que podería superar os cincuenta mil euros.

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Dous atracadores cometeron esta mañá un espectacular roubo na sucursal de Banesto en Negreira. O suceso ocorreu pouco antes das oito da mañá e non hai que lamentar feridos. A Garda Civil investiga o caso, que causou conmoción entre os nicrarienses.

Unha parella de individuos esperaron na súa vivenda do Milladoiro ó traballador que tiña a chave da sucursal, onde o levaron no seu propio vehículo. Unha vez alí, entraron con el e esperaron a que chegase o resto do persoal. Os dous individuos, un deles con acento estranxeiro, retiveron nun cuarto ós traballadores, encanonándoos con armas e ameazándoos con que tiñan ás súas familias vixiadas.

Os ladróns esperaron o retardo da caixa de caudais e en dez minutos "limparon" o banco. Segundo fontes consultadas, o montante do roubado podería superar os cincuenta mil euros. "Foi todo moi profesional e rápido", engaden as mesmas fontes. Os atracadores fuxiron no propio vehículo do traballador que lles abriu porta da sucursal baixo coerción.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS