Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

SORPRESA

Mergulladores da Armada recuperan un torpedo na costa de Pontevedra

10.03.2010  É de fabricación alemá, e sospéitase que sexa un artefacto perdido nunhas manobras no 1965

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE. MARÍN (PONTEVEDRA)

Un equipo de mergulladores da Armada recuperou hoxe un torpedo de fabricación alemá que se atopaba afundido na costa do municipio pontevedrés de Bueu e que foi detectado hai uns días por membros do Club de mergullo de Ons.

O artefacto podería permanecer na zona desde hai corenta e cinco anos se é o mesmo que perdeu o buque 'Almirante Antequera' nunhas manobras realizadas en 1965, e nese caso carecería de cargas explosivas, segundo fontes da propia Armada.

O torpedo foi izado tras o traballo dos mergulladores da Armada que o pasado martes confirmaron tras unha inspección directa que non contén carga explosiva e atópase en bo estado, a pesar do cal realizaron un concienzudo traballo de protección para evitar unha maior deterioración.

A patrulleira Tabarca realizou o traslado do aparello ata a Escola Naval Militar, onde se realizarán os traballos de recuperación en terra para continuar coa inspección correspondente e determinar o tempo que leva afundido na costa budetense.

Segundo relatou Ricardo Veiga Soto, de 65 anos de idade e que realizou o servizo militar no buque 'Almirante Antequera', destinado en Marín a prácticas dos alumnos da Escola, efectivamente perdeuse un torpedo na zona e xa que logo non descartou que sexa o mesmo que hoxe foi izado a terra.

Veiga asegurou que tras o lanzamento do proxectil, que non levaba carga explosiva, como correspondía ás manobras, este virou de forma brusca e foi perdido de vista ata o punto de que se chegou a temer que volvese en contra do propio buque.

Recordou que durante varios días foi buscado sen éxito por varios buques da Armada.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS