Martes 17.06.2008
Hemeroteca web
|
RSS
A deputada e presidenta de UPyD, Rosa Díez, asegurou hoxe que, "os que máis ruído" fixeron polo uso pexorativo do xentilicio galego "fixérono porque o entenderon perfectamente" e "non tiñan ningún argumento". Simplemente aproveitárono" no seu "afán de notoriedade", xulgou.
Así mesmo, a dirixente de UPyD afirmou que esta polémica non lle impide sentirse "a gusto" volvendo a Galicia e advertiu que "a vantaxe dos non nacionalistas é que en calquera parte de España están en casa", polo cal afirmou que na comunidade "tamén" está en casa.
