Martes 17.06.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Segundo informou Begasa, compañía responsable da subministración, o corte de subministración tivo lugar sobre as 22.00 horas, aínda que destacou que a "rápida intervención" das brigadas conseguiron restablecer o servizo pouco despois nalgunhas destas zonas, como o caso urbano de Vilalba e Castro de Rei.
Ademais, resaltou que Begasa reforzou o seu equipo para resolver a incidencia canto antes. A subestación afectada conta con dúas liñas de subministración, aínda que esta semana a segunda está fóra de servizo polas obras da autovía A-8.
Pouco máis dunha hora logo da avaría, a compañía confirmou que quedara reparado o problema na subestación de Setepontes e a subministración atopábase operativa en toda a rede da compañía pasadas as 23.00 horas.
Con todo, Begasa lamentou "os inconvenientes que este problema poida causar" ós seus clientes e felicitou ás brigadas "que fixeron posible a rápida resolución desta incidencia".
