El Correo Gallego

Noticia 11 de 51 noticia anterior de Hoy es noticia Vídeos » Hoy es noticia

150 persoas conseguiron emprego grazas a Cáritas de Santiago

A entidade social entregou este martes os diplomas das distintas accións formativas que organiza anualmente e nas que participaron 1.800 persoas

CORREO TV-SANTIAGO DE COMPOSTELA  | 15.05.2018 
A- A+

Cáritas de Santiago entregou hoxe os diplomas das distintas accións formativas que organiza a entidade social. Os cursos ensinan aos participantes oficios como auxiliar de hostalería, atención ao cliente ou atención a enfermos de Alzheimer. No programa participaron 1.800 persoas e Cáritas xestionou 200 ofertas de emprego. En total foron 151 insercións laborais en 2017, grazas ao programa de Emprego. A Xunta achegou case 300.000 euros para estas iniciativas de inserción laboral de Cáritas.