Seis estudantes do instituto de Muxía porán en órbita un satélite sostible, inclusivo e artístico

Presentaron o seu proxecto ao desafío CanSat

Estudantes do IES Ramón Caamaño que presentaron o proxecto Muxía en Órbita

Estudantes do IES Ramón Caamaño que presentaron o proxecto Muxía en Órbita / C. L. B.

J. M. Ramos

O Club de Ciencias do IES Ramón Caamaño, a través do equipo Muxía en Órbita, presentou un proxecto ao desafío CanSat, o programa da Axencia Espacial Europea que reta ao alumnado a deseñar un satélite do tamaño dunha lata de refresco. O equipo está conformado por seis rapazas que idearon “un proxecto sostible, inclusivo e artístico. É destacable o feito de que sexa un equipo exclusivamente feminino, reivindicando o papel das mulleres na ciencia”, afirma ao respecto Carlos López , profesor de Física e Química.

Dotarán ao seu satélite dun sistema de recuperación de enerxía, aproveitando a diferenza de temperatura entre o interior e o exterior do dispositivo e empregando os materiais termoeléctricos. Ademais, crearán unha melodía a partir dos datos que proporcionan os diferentes sensores valéndose da intelixencia artificial. Deste xeito, facilitarase o acceso á ciencia a persoas con limitacións visuais. O proxecto permitirá tamén “levar máis lonxe a marca Muxía e os seus elementos representativos”, subliña López Bueno.

TEMAS