HISTORIA

Vimianzo busca actores e actrices para dar vida aos Irmandiños que asaltarán o castelo

A selección celebrarase o 12 de maio na casa da cultura

Aberto o prazo de inscrición na Feira Artesanal

O día 2 poranse á venda ás entradas para a Cea Medieval

Escenificación do Asalto ao Castelo de Vimianzo

Escenificación do Asalto ao Castelo de Vimianzo / Cedida

J. M. Ramos

Vivir unha experiencia que non se esquece na vida. Iso pasaralles aos actores e actrices que superen o casting para converterse nos Irmandiños e Irmandiñas que protagonizarán o Asalto ao Castelo de Vimianzo o 6 de xullo. Os interesados están citados para o día 12 de maio ás 11.45 horas na casa da cultura. Alí poderán coñecer máis sobre o argumento e os personaxes da representación, que este ano estará dirixida por Guillermo Méndez.

A organización tamén abriu o prazo para inscribirse como feirante na duodécima Feira Artesanal aberta a artesáns e produtores de alimentos ecolóxicos. Como novidade, este ano haberá un concurso entre os postos participantes, no que se valorará a decoración e ambientación medieval.

A partir do 2 de maio, ás 12.00 horas, poranse á venda as entradas para a Cea Medieval, que xuntará medio milleiro de comensais no foso do castelo. Como máximo poderán comprarse catro entradas por operación. Só se poderán mercar no portal www.woutick.es.