FORMACIÓN
O Camiño ao Emprego forma a vinte persoas desempregadas de Camariñas, Muxía e Vimianzo
Especializaranse en limpeza en espazos abertos e instalacións industrias e operacións de revestimentos e construción
J. M. Ramos
Os concellos de Muxía, Vimianzo e Camariñas presentaron a quinta edición do obradoiro dual Camiño ao Emprego 2023/2024, que conta nesta edición con 20 participantes, que están a recibir formación nas especialidades de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e operacións auxiliares de revestimentos continuos e construción.
Ao longo destes primeiros meses de formación, o alumnado realizou diferentes tarefas no Centro de Iniciativas Empresariais de Camariñas, executou o revestimento dos paramentos interiores e exteriores da escola de Bamiro, así como diferentes actuacións de limpeza no núcleo urbano de Camariñas, no parque empresarial de Vimianzo, na escola de Carantoña e nos núcleos de Bamiro e Cambeda. En Muxía as actuacións darán comezo a vindeira semana. Procederase á limpeza da zona do Coído, un espazo moi concorrido, onde se localizan o parque infantil máis grande do municipio e un parque biosaudable. O orzamento do obradoiro é de case medio millón de euros.
- El electrodoméstico que sustituye al horno y a la freidora de aire ya cuesta menos de 40 euros en Lidl
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Mueren los conductores de dos vehículos tras colisionar en la carretera nacional N-550 a la altura de Ordes
- El desayuno que atrasa el envejecimiento y toma a diario Amancio Ortega
- Una gran bola de fuego ilumina el cielo de Galicia y Portugal: '¿Lo habéis visto?
- Así es el paraíso oculto entre las montañas gallegas: la aldea más escondida tiene alojamientos exclusivos y está a dos horas de Santiago
- Casi un año esperando licencia en Santiago para instalar un ascensor y aislar la fachada: “É unha vergoña”
- Moncho Fernández se marcha del Obradoiro a coste cero al existir una claúsula en su contrato