PASAMENTO

Falece a poeta e activista compostelá Luz Fandiño

Nacida no barrio de Sar, emigrou a comezos dos anos cincuenta a Arxentina e máis tarde a Francia

No ano 2020 estrenouse o documental 'A poeta analfabeta', basada na súa vida, obra e activismo cultural e social

A poeta e activista compostelá Luz Fandiño

A poeta e activista compostelá Luz Fandiño / Wikipedia

El Correo Gallego

A poeta e activista compostelá Luz Fandiño faleceu este domingo aos 92 anos de idade. A triste nova era compartida pouco despois pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, na súa red social X, nunha mensaxe chea de agarimo para unha muller que foi, era e será todo un referente do activismo cultural:

"Acaban de trasladarme a infeliz nova do pasamento de Luz Fandiño, a poeta comprometida, a activista admirada. Hoxe é un día moi triste en Compostela e na Galiza. O Concello lembrará quen con tanto entusiasmo viviu e loitou connosco. Que a terra che sexa leve, benquerida Luz!", sinalou Sanmartín.

Nacida no barrio de Sar en novembro do 1931, emigrou a comezos dos anos cincuenta a Arxentina, pasando anos despois outra etapa da súa vida en Francia. No 1979 retornaría definitivamente a Santiago, onde residiu ata que finou no día de hoxe.

Ata este domingo seguiu en activo escribindo a diario e acudindo a centros sociais, colexios ou institutos onde relataba a súas experiencias na emigración. No ano 2020 estrenouse a película documental 'A poeta analfabeta', basada na súa vida, obra e activismo cultural e social. Ademáis, inspirou a creación do 'Festival Luz Poética', celebrado por primeira vez no ano 2020.