Gente y comunicación | sociedad@elcorreogallego.es
sesión inaugural
A AGLP quere concienciar a sociedade do "carácter lusófono" do galego
A nova entidade marca como reto afondar no movemento reintegracionista
E.P. • SANTIAGO | 07.10.2008
A Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), que se presentou onte en Santiago de Compostela, nace coa vocación de "concienciar a sociedade" do carácter "lusófono" do idioma galego, ao cal cualificaron de "forma de portugués". Así o explicou onte na sesión inaugural o presidente da AGLP, José-Martinho Montero Santalha, que asegurou que "en Galicia se fala unha cousa, á que denominan galego, pero que vén sendo unha forma do portugués".
Os presentes marcaron como obxectivo da AGLP "concienciar os cidadáns da súa condición de lusófonos" e "continuar o movemento reintegracionista" do galego. Así, recordouse ó intelectual "portugalego" Guerra da Cal e ó profesor Carvalho Calero. No acto participaron o secretario xeral de Relacións Institucionais, Xoán Antón Pérez Lema, os doutores da Academia das Ciencias de Lisboa João Malaca Casteleiro e Artur Anselmo, o doutor da Academia Brasileira das Letras Evanildo Bechara, o reitor da Universidade Aberta (Portugal), Carlos Reis; e o escritor mozambicano João Craveirinha.

