Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vimianzo acolle o 9 de xaneiro a décimo terceira edición do Duatlón Cros de Reis

Este ano contará con categorías cadete, xuvenil e junior // Hai xa 213 atletas inscritos

Participantes no acto de presentación do XIII Duatlón de Reis do Concello de Vimianzo. Foto: C. V.

Participantes no acto de presentación do XIII Duatlón de Reis do Concello de Vimianzo. Foto: C. V. / Manuel Lavandeira

Manuel Lavandeira

A Casa da Cultura acolleu a gala de presentación do XIII Duatlón de Reis do Concello de Vimianzo e do Circuíto Galego de Duatlón Cros no que se enmarca. A proba celebrarase o 9 de xaneiro e contará coas categorías absoluta, cadete, xuvenil e junior.

Terá a súa saída no lugar de Castromil, na parroquia de Salto. Percorrerá camiños forestais cara Tines e despois volverá ao punto de partida. A proba constará de tres itinerarios diferentes, o primeiro será a pé e levarase a cabo ao longo de 5,4 quilómetros, o segundo en bibicleta (21 km) e, por último, o terceiro, será de novo a pé ao longo de 3,6 km. A saída do circuíto da categoría absoluta terá lugar ás 11:30 horas, mentres que o mozo saíra ás 09:30 horas e contará con distancias máis curtas.

Récord de participación feminina

As inscricións a esta proba poderán realizarse ata o 3 de xaneiro a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno https://fegatri.org/evento/xiii-duatlon-cros-de-reis-circuito-de-duatlon-cros/. Xa hai 213 persoas inscritas: 103 na proba absoluta individual, 78 no circuíto mozo e 32 en parellas. Á espera de que se apunten máis atletas, este ano xa baterán récords de participación feminina cun total de 49 mulleres inscritas.

O circuíto foi presentado nunha gala conducida polo xornalista Terio Carrera e na que participaron a alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Mario Andújar, e representantes da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno: o seu presidente, Gonzalo Mario Triunfo Delgado, o responsable do Comité Deportivo, Pablo Cabanelas, o delegado provincial, Armando Guerrero, e a secretaria, Mónica Flores.

A rexedora de Vimianzo resaltou como principal novidade que “este ano o Dúatlon de Reis contará por primeira vez na súa historia, ademais de coa categoría absoluta, que se enmarca no percorrido galego, cun circuíto mozo, coas categorías de cadete, xuvenil e junior, que ademais están a ter unha moi boa acollida”.

Tamén estiveron presentes na gala os representantes do III Dúatlon das Letras de Baio, do VI Dúatlon Cros Lousame e do III Dúatlon Cros Cerdedo – Cotobade, que conforman xunto coa proba de Vimianzo o circuíto galego de dúatlon. Así mesmo, participaron no acto os gañadores da pasada edición da proba de Reis de Vimianzo e campións galegos do 2021, Gabriel Castiñeira e Mar Delgado, e o campión do circuíto galego, Marcos Mayo.

O toque musical do evento púxoo Irma Macías, vocalista do grupo Luar na Lubre. Rodríguez agradeceu á Federación “a colaboración para levar a cabo este importante evento, que vai supoñer, ademais dunha aposta polo deporte e o fomento da actividade física, un impulso á economía local a través das persoas que visitarán o noso municipio con motivo deste encontro”.

Tracking Pixel Contents