A ilustradora Sofía Fondo pechou o Mes do Libro do Maximino Romero de Baio

Sofía Fondo cos alumnos do IES Maximino Romero de Lema, de Baio. Foto: IES M. R. / Manuel Lavandeira
Manuel Lavandeira
Os encontros literarios do IV Mes do Libro do IES Maximino Romero de Baio (Zas) chegaron ao seu fin cun obradoiro de ilustración impartido pola deseñadora gráfica e ilustradora Sofía Fondo. O alumnado de segundo da ESO coñeceu a obra da creadora pontecesá e a gran maioría levou unha agradable sorpresa ao descubrir que é a autora dos vídeos que ven desde hai anos na canle de youtube Tik Tak Draw, especializada en contar historias de terror debuxando. Unha canle moi apreciada polo alumnado.
O obradoiro estruturouse en dúas partes. Na primeira, a ilustradora comezou coa presentación do seu traballo na empresa Entretendo, de Ponteceso, encargada de realizar vídeos que se poden considerar como pioneiros da coñecida canle Tik Tok dende hai varios anos e nos que pon a voz e, cando corresponde, tamén debuxa.
A continuación interrelacionou co alumnado cunha serie de preguntas vinculando a aprendizaxe do debuxo coa da escrita e insistindo en que o importante non é tanto o talento que un teña, senón o traballo e o esforzo que realice para dedicarse a calquera traballo. Ensinoulles a súa evolución no debuxo dende os 12 anos ata a actualidade. Amosou un dos seus traballos sobre as Tanxugueiras, cos que acadou moi bos comentarios.
A segunda parte do obradoiro foi práctica e Sofía Fondo foille ensinando ao alumnado as técnicas básicas para facer unha boa caricatura do rostro. Resultou ser unha sesión moi animada e con gran participación por parte do alumnado.
Con esta actividade, que foi todo un éxito, o IES Maximino Romero de Lema pecha un mes de éxito no que o alumnado tivo oportunidade de coñecer a creadores de diversas artes literarias e gráficas e descubrir de primeira man que detrás de todo éxito artístico e literario están o esforzo, a dedicación e a constancia.
“O Mes do Libro é un axeitado medio de defender a importancia que ten a lectura como proceso de formación e educación, ademais de dignificar a lingua e a cultura galega”, conclúen dende a dirección do instituto.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'