Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO AMBIENTE

RetoqueRetro prepara unha nova singradura das súas criaturas mariñas

Dúas das esculturas creadas con lixo reciclado viaxan rumbo a Alemaña

Membros de RetoqueRetro cunha das criaturas mariñas expostas no Hotel Bela Fisterra.

Membros de RetoqueRetro cunha das criaturas mariñas expostas no Hotel Bela Fisterra. / Cedida

Fisterra

O colectivo RetoqueRetro rematou a primeira travesía da Ruta dos Peixes e Faros. "Foi unha viaxe chea de encontros: moita xente coñeceunos, xurdiron novas invitacións, aparicións en medios e televisión, e dúas esculturas viaxan agora rumbo a Alemaña", asegura Ana Lema, portavoz do colectivo.

As criauturas mariñas creadas con lixo mariño por RetoqueRetro deixaron pegada entre luces e mareas no faro Vilán e O Curbeiro, en Camariñas; no Cámping Lago Mar, de Muxía; A Gavilla, de Corcubión; a Galería Stoupa, de Cee; o Hotel Bela Fisterra; e o Estudio Bar, en Santiago.

Parte das obras aínda seguen a brillar no Acuario do Grove, e o colectivo prepara xa unha nova singradura: Lixo Deluxe, que arrincará na galería Diverxente de Vigo, o 22 de outubro.

Tracking Pixel Contents