Os Dixie Kings e os Monifates animarán estas datas na Pobra
Hoxe terá lugar o último sorteo que repartirá vales valorados en 400, 200 e 100 euros para gastar en produtos da praza de Abastos local

Os Dixie Kings e os Monifates animarán estas datas na Pobra | CEDIDA
Este Nadal a actividade non cesa na Pobra do Caramiñal, que está metida de cheo nunha programación que ten en conta todos os gustos, perfís e ambientes. Unhas das súas actividades máis tradicionais son os sorteos da campaña Volta ao Nadal, voltan as caramiñas, onde xa se nomearon sete gañadores que levaron dende 400 ata 100 euros en vales para mercar os produtos das ceas de Nadal na praza de Abastos, e que poderán gastar ata o 24 de decembro.
O segundo sorteo terá lugar hoxe, no que se optarán aos mesmos premios, que se poderán aproveitar ata o último día deste ano.
Segundo a concelleira de Servizos Sociais e Desenvolvemento Local, María Amparo Cerecedo, esta iniciativa busca un dobre obxectivo: «Non só queremos pór en valor e dar a coñecer a variedade de negocios que hai na praza de Abastos, senón tamén impulsar as compras nos mesmos nas festas de Nadal».
Xa o 24 de decembro será unha xornada adicada á música e o bo ambiente cun pasarrúas da man de Dixie Kings. Este é un grupo que se dedica a tocar jazz tradicional en directo, recordando os sons das míticas bandas de rúa de New Orleans da décadas de 1910. Nesta ocasión, as súas melodías estarán enriquecidas pola voz de Paty Lesta.
Espectáculo infantil e familiar
O seguinte grande espectáculo que chegará á vila barbanzá para garantir un anaco diversión ao público infantil e familiar será o do s Monifates e o Apalpador. Esta é unha actuación duns 50 minutos aproximadamente de monicreques danzantes e música en directo que terá lugar na praza de Abastos.
Os Monifates son dous músicos ambulantes que viaxan polos pobos galegos regalando experiencias para que o público baile e desfrute. E para celebrar o Nadal como se merece, incorporan na súa función a unha das personaxes máis míticas desta época: o Apalpador, que se encargará de repartir castañas á rapazada que comeu pouco e agasallos aos nenos que se portaron ben durante o ano.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025
Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025A última do ano
Así mesmo, a praza Alcalde Segundo Durán será o escenario da celebración de Fin de Ano que terá lugar entre a madrugada do 31 de decembro ao 1 de xaneiro, con cotillón, actuacións musicais e badaladas.
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI
- Batería de accidentes con heridos por el granizo: tres en la autovía de Brión y dos en Padrón
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: 'Se pasa a indefinida haberá días que haxa nenos que non poidan ir a clase”
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?