A música é a gran protagonista das festas en Camariñas
O municipio celebra o día 24 unha singular cabalgata xa que a encabeza Papá Noel

A música é a gran protagonista das festas en Camariñas | CEDIDA
O Concello de Camariñas non é alleo á celebración do Nadal e conta nestas datas cun intenso programa de propostas dedicadas a todas as idades. O próximo evento destacado na axenda é prato forte da vila, pois será cando Santa Claus visite a todos os nenos e nenas do municipio o 24 de decembro, día de Noiteboa, facendo unha cabalgata única na comarca que o levará a percorrer todas as rúas do municipio.
Esa noite, Camariñas festexará a Noiteboa coas sesións DJ de David Bermúdez, Rokiño, Cotelo e Omy Cid. O día 27, ás 18.00 horas, terá lugar o 10º aniversario da edición do vídeo Rei das Mareas, dedicado á memoria de Modesto Tajes, un mergullador e solidario rescatador da parroquia que é moi querido pola labor que cumpriu no mar en tempos pasados.
No acto proxectarase o vídeo e haberá unha actuación musical en homenaxe aos náufragos do San Fernando. Ao remate, haberá brinde con viños e petiscos.
‘De aquí para alá coas emocións’
E o 28 de decembro, Lidya Botana será a protagonista da xornada. Tamén coñecida como Bolboreta, esta música multinstrumentista e pedagoga musical galega representará o seu espectáculo melódico De aquí para alá coas emocións, na Casa de Pedra.
Esta función utiliza a música, danza, narración oral, teatro cómico e proxeccións audiovisuais para acercar aos infantes ás culturas e idiomas doutras partes do mundo.
Para despedir o ano, haberá unha gran festa durante a madrugada do 31 a cargo da disco móbil Impacto e os DJs Son1C, Omy Cid, Nyan Boe, Bs y Cheka´s.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025
Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025Por último, os Reis Magos entrarán en Galicia polo mar de Camariñas para desfilar nunha gran cabalgata e facer paradas en todas as parroquias do municipio, nas que tamén se organizarán chocolatadas durante a tarde. Os máis pequenos despediranse do Nadal coa festa infantil no pavillón Víctor Hugo a partir das 18.00 horas.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- Un vehículo volcado y ardiendo deja tres heridos y obliga a cortar la AP-9 en dirección Santiago
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses