Obradoiros artesáns e teatro para animar as festas en Malpica
A rapazada poderá participar en talleres de ‘origami’, redeiras e creación de adornos

Obradoiros artesáns e teatro para animar as festas en Malpica | CEDIDA
O Concello de Malpica moldeou a súa programación de Nadal co mesmo obxectivo que ten Papá Noel: garantir a diversión dos nenos nestas datas tan sinaladas. Esta tarde o escenario principal será o pavillón do CEIP JRO, onde terá lugar unha festa infantil con inchables de 17.00 a 19.30 horas.

Obradoiros artesáns e teatro para animar as festas en Malpica
Haberá oco para o deporte, xa que o martes pola mañá organizarase un torneo de bádminton e outro de pickleball no pavillón municipal dirixido á rapazada de 9 a 14 anos. E pola tarde, realizarase un obradoiro de redeiras con visita ás instalacións portuarias para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
O venres, impulsarase un taller de adornos de Nadal na Casa do Pescador e o espectáculo estará asegurado cunha actividade de contos, cantos e bailes propios da festividade no centro sociocultural das Pozacas. Ambas citas serán pola tarde.
Outros eventos destacados son o obradoiro de origami tradicional, que será o domingo no Centro Cívico de Malpica; e o obradoiro de redeiras en Buño, fixado para o 30 de decembro no centro de artesanía e tradición .
En Malpica non deixan de lado o deporte nestas datas, pois o 31 de decembro os veciños botarán a correr pola San Silvestre, para a que é imprescindible asistir disfrazado.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025
Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025O 3 de xaneiro haberá outro taller de papiroflexia no centro cívico para os máis pequenos e, no auditorio, poderase gozar da representación teatral Entre Dos, de Teté Delgado e Julio Pereira. O 5 de xaneiro será o momento da Cabalgata de Reis, que o día seguinte recibirán aos nenos nas parroquias de Santiso, Beo, Mens, Barizo e Seaia. O 10 haberá inchables no campo da festa de Seaia.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
- Santiago se rendirá a la magia de 'Reinventio' el 17 de enero: así puedes conseguir invitaciones
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para el cierre total del aeropuerto de Santiago