Talleres, actuacións e xogos para os rapaces de Dumbría
Vero Rilo interpretará ‘Contos no Nadal’ o 30 de decembro | Haberá espectáculo circense

O acendido das luces deu comezo a un variado programa de actividades. | CULTURACTIVA
Dumbría brilla con luz propia este Nadal. No Concello son conscientes de que a rapazada é unha das grandes protagonistas da festividade, que con ilusión, alegría e gañas de pasalo ben, goza ao máximo destas datas. E por iso se deseñou unha programación de actividades á altura.

Talleres, actuacións e xogos para os rapaces de Dumbría | CEDIDA
Os máis novos xa gozaron a pasada semana da maxia do Nadal, pois recibiron a visita de Papá Noel nas distintas casas culturais do municipio, onde non desperdiciaron a oportunidade de pedirlle os agasallos que queren ver debaixo do árbore cando se levanten o día 25.
Con todo, a partir de hoxe, poderán gozar de incontables obradoiros de manualidades, cociña e xogos de mesa en horario de mañá nas casas culturais, con moitas sorpresas ao longo das xornadas. Esta tarde, nas instalacións do Conco, haberá unha actuación de maxia a cargo do mago Dani García; e o próximo luns, 29 de decembro, será a esperada Festa Infantil, que incluirá xogos, música, xantar e circo.
A Casa Cultural de Buxantes contará mañá cunha tarde de actuación da man da contacontos Talía, que interpretará a obra Mundos Contados. O venres 26, na Casa Cultural de Berdeogas, Esperanza Mara amenizaralle a xornada ás criaturas con música e contos como Elfa Carmiña.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025
Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025O martes 30 será a quenda da artista Vero Rilo, que entreterá ao público infantil da Casa Cultural do Ézaro co seu espectáculo Contos no Nadal. Rilo é unha educadora infantil que expresa as súas ensinanzas a través de contos e historias de vida. Aspectos como o o feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio. Posteriormente, o venres 2 de xaneiro, realizarase o espectáculo circense Forzu2, de Zirko Txosko.
Para pechar estas datas de Nadal, a tarde do 5 de xaneiro os Reis Magos visitarán as casas da cultura para saudar e escoitar os desexos dos nenos.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Un vehículo volcado y ardiendo deja tres heridos y obliga a cortar la AP-9 en dirección Santiago
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses
- La macrofiesta más esperada del carnaval gallego está en área y ya tiene fechas: 'Un viaje musical apoteósico