Vimianzo festexa ao ritmo dos cantos e da música de Nadal
O Concello promove variadas propostas para gozar con toda a familia, como a pista de xeo

O municipio está inmerso nun decembro cheo de actividades de lecer. | CEDIDA
En Vimianzo o Nadal brilla con esplendor e enriquécese polas melodías festeiras. A súa veciñanza ten a fortuna de gozar de numerosos plans perfectos para a ocasión, como ir en familia á pista de xeo. Pero se por algo destaca, é por ofrecer as propostas máis orixinais e centrar a súa programación na música.

Vimianzo festexa ao ritmo dos cantos e da música de Nadal | CEDIDA
O recuncho gastronómico transformarase en todo un escenario. Algúns dos seus eventos máis destacados son o Revoltixo da Carantoña, esta tarde ás 20.00 horas; a actuación de Suso Andrea o venres pola noite; e a festa infantil de Fin de Ano o 31 de decembro con Peque Disco Moc Moc, onde soarán temas da época dos 90 e dos 2000; e o concerto de Nadal con Irma Macías e Luis Pinto o 3 de xaneiro.
Cabe recalcar tamén que hoxe é o último dos dez días nos que Teté Teatro e o grupo de gaitas O Revoltixo de Carantoña animaron as parroquias cos seus cantos de Nadal.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025
Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025Obradoiro de cine
Ademais, este luns e martes haberá un obradoiro de cine práctico dirixido á rapazada de 12 a 17 anos na casa cultural. Por outra banda, o vindeiro venres os máis pequenos tamén poderán gozar do musical infantil The Grinch. Un cuento de Navidad, na Casa da Cultura e no auditorio municipal.
O 5 de xaneiro, como cada ano, as súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán Vimianzo nas súas carrozas para saudar e repartir caramelos por todas as parroquias do municipio dende as 10.00 horas.
Un dos pratos fortes chegará o día 11 de xaneiro co Campionato Galego de Duatlón Cros.
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Comer 'por menos de 6 euros': tres restaurantes de Santiago que adoran los estudiantes
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?