Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FITUR 2026

Brandomil, a herdanza romana á beira do río Xallas

Este enclave único situado en Zas é un dos espazos históricos mellor conservados de toda a comunidade

Manuel Muíño, alcalde de Zas, esta semana en Fitur

Manuel Muíño, alcalde de Zas, esta semana en Fitur / CEDIDA

Santiago

Zas, oficialmente concello da comarca de Terra de Soneira e que está integrado no día a día da Costa da Morte, pode presumir de ter entre súas fronteiras unha parroquia que transporta aos tempos do imperio romano con cada paso. Á beira do río Xallas, Brandomil enamora a todos os visitantes que presencian a súa contorna natural e restos históricos. Trátase dunha vila única con máis de 2000 anos de historia que mantén en óptimas condicións a súa ponte romana e calzadas antigas.

Neste senso, pola celebración de Fitur en Madrid, onde estivo presente o alcalde Manuel Muíño, o concello de Zas reforzou a súa aposta por este complexo promocionando o seu potencial turístico e os labores de investigación arqueolóxica que se levan executando neste últimos anos cun investimento de preto de 100.000 euros.

Castros, restos mineiros, referencias literarias, mitoloxía popular, lendas de inundacións e afundimentos… Brandomil é historia e tamén memoria colectiva. Cada nova intervención arqueolóxica confirma esta riqueza: sempre aparece algo novo que axuda a reconstruír o pasado do lugar e a comprender mellor o papel que xogou no mundo romano e medieval. A zona de Pedra do Altar e os seus arredores segue ofrecendo achados de gran valor, situando Brandomil como un referente do xa de por si rico patrimonio arqueolóxico galego.

Cada verán, o Concello de Zas organiza un programa de visitas guiadas gratuítas que permiten coñecer de primeira man a historia romana e medieval da parroquia. Estas visitas complétanse con rutas de sendeirismo e itinerarios vencellados aos camiños xacobeos, integrando Brandomil nas novas propostas de peregrinación cara a Muxía e Santiago, e apostando por un modelo de turismo sostible e cultural no interior da Costa da Morte.

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

En canto a recuperación da praia fluvial, está acondicionada coma un espazo natural de lecer dentro dunha contorna segura, accesible e atractiva tanto para o disfrute da veciñanza como para quen visita a zona, favorecendo o paseo, o baño e a observación da paisaxe.

Tracking Pixel Contents