FITUR 2026
Vimianzo, o epicentro para ‘conquistar’ toda a comarca
O concello proxectou na feira un vídeo que chama aos turistas a visitar esta porta de entrada á Costa da Morte

A alcaldesa Mónica Rodríguez durante a sua invervención en Fitur / CEDIDA
Situada no epicentro da Costa da Morte, Vimianzo concentra nas súas terras a riqueza tradicional e cultural dos nosos antepasados, con numerosos restos megalíticos perfectamente conservados, cunha gran variedade de refuxios naturais que reflexan o espíritu sostible que se respira na vila.
En Fitur, o municipio decantouse por difundir unha peza audiovisual baixo o lema Vimianzo. Comeza a túa conquista, presentando o municipio como un acolledor destino turístico para os que buscan gozar dun lugar tranquilo, relaxante, cheo de historia, con gastronomía local de calidade e que sirva como punto clave para acceder comodamente e rápido aos principais destinos da comarca.
En palabra da alcaldesa, Mónica Rodríguez, «Vimianzo é un lugar para chegar, quedar e desde o cal comezar a descubrir todo o que pode ofrecernos a Costa da Morte. Queremos que quen nos visite sinta que este é o seu campamento base, un espazo acolledor desde o que conquistar a nosa comarca con tempo para gozar do que realmente importa».

ESPECIAL FITUR 2026
ESPECIAL FITUR 2026O Castelo de Vimianzo
Entre as súas fronteiras pódense visitar coidados restos arqueolóxicos de civilizacións pasadas como a Arca do Rabós ou a Casota dos Mouros, así como o grandioso Castelo de Vimianzo, emblema do municipio.
Esta fortaleza con murallas e foxo, sobre a que se erxe unha ponte anteriormente levadiza. O edificio conta con catro torres e un patio de armas defendido por uns muros de case dous metros de grosor, os cales soportaron frecuentes ataques, como os da Guerra Irmandiña, feito que inspira a fiesta máis coñecida da vila: o Asalto ao Castelo.
No interior desta infraestrutura declarada Ben de Interese Cultural (BIC) pódese ver traballar a distintos artesáns na Mostra de Artesanía ao Vivo facendo encaixe vimiancés, liño, olería, cestería, trenzado en palla, maquetas de barcos ou xoiería en vidro.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros