Entroido 2026
Tres mil euros en premios no desfile de Vimianzo
O Concello de Vimianzo celebrará este sábado, 14 de febreiro, unha nova edición do seu tradicional concurso de Entroido,

Tres mil euros en premios no desfile de Vimianzo
O concurso de disfraces terá lugar na Praza do Concello a partir das 17.30 horas e repartirá en premios máis de 3.000 euros. O evento reunirá a veciñanza e visitantes nunha tarde marcada pola música, a creatividade e o ambiente festivo propio destas datas.
O certame contará con diferentes categorías, entre as que se inclúen disfraces individuais infantís e adultos, parellas, familias empadroadas no municipio, grupos e comparsas. Os premios oscilarán entre os 20 e os 1.000 euros en función do número de participantes de cada modalidade, recoñecendo o esforzo, a orixinalidade e a posta en escena das persoas e colectivos participantes.
Previamente, o ambiente será caldeado con diferentes pasarrúas e espectáculos de animación en vivo.
As inscricións poden realizarse tanto a través da sede electrónica do Concello como no rexistro municipal. Desde a organización lembran que as coreografías que se presenten durante o desfile non poderán superar os oito minutos de duración, xa que exceder ese tempo suporá a descualificación.

Especial Entroido 2026
Especial Entroido 2026Para garantir un Entroido apaixonante para todos os públicos, Vimianzo impulsa un programa de conciliación familiar dirixido á rapazada de 3 a 12 anos. As actividades serán os días 16,17 e 18 de febreiro no pavillón municipal, entre as 10.00 e 14.00 horas. Haberá xogos, manualidades e diferentes propostas de entretemento. A inscrición está aberta ata este xoves na casa da cultura. O prezo por cada praza é de quince euros. n
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre