Día Internacional da Muller
Homenaxe ás veciñas que construíron Camariñas

Dous veciños completando unha ruta. | CEDIDA
Iago RodríguezIago Rodríguez
Somos as Mulleres que construímos Camariñas. Ese é o lema que este concello da Costa da Morte reflectirá pola súa campaña especial do Día Internacional da Muller, que este ano busca visibilizar esa forza e valor das veciñas cuxo espírito traballador fixo posible o avance deste pobo. Unha homenaxe que consideran merecido. «Buscamos representar a mulleres diferentes, de idades, historias e profesións diversas. Malia a súa pluralidade, todas elas están unidas por un fío común: a vontade inquebrantable de construír un lugar mellor, día a día, a través da responsabilidade, do coidado e da colaboración», destacou a alcaldesa, Sandra Insua.

Unha palilleira camariñá tecendo. | CEDIDA
Un dos piares centrais da programación deste 8M será a implicación directa das novas xeracións. Deste modo, este ano contarase coa colaboración especial do alumnado dos últimos cursos de educación primaria dos CEIPs O Areal e Ponte do Porto. Os cativos traballarán en conxunto para elaborar unha guía biográfica centrada nas mulleres máis importantes das súas contornas: tías, avoas, curmás, nais, veciñas... Unha peza que busca enxalzar as múltiples formas que existen de construír comunidade, lembrando que a historia e o progreso de Camariñas tamén se escriben en feminino.
Por outro lado, o próximo xoves día 12 terá lugar no Museo de Encaixe a proxección do documental Chicas nuevas 24 horas (con entrada libre ata completar aforo), unha obra composta por fotografías escrita e dirixida por Mabel Lozano que denuncia a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual e que estará vixente ata o 15 de marzo. Na peza danse a coñecer as vivencias e situacións de diversas mulleres e nenas que, desde localizacións como España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai, dan o seu testemuño sobre esta lacra social. A exposición inclúe actividades complementarias de carácter social, didáctico e formativo, centradas en dous piares básicos: a prevención e a concienciación. O obxectivo final é lograr a implicación da mocidade na erradicación desta cruda realidade.

Especial 8M 2026
Especial 8M 2026Asemade, o 1 de abril procederase ao cambio de nomenclatura da actual Rúa Ambrosio Feijoo, que pasará a chamarse de xeito oficial Avenida das Palilleiras, colectivo que representa un dos motores económicos e culturais da vila. «este acto é un exercicio de xustiza e gratitude cara a un colectivo de mulleres que, cos seus bolillos e o seu talento, teceron a identidade e o futuro de Camariñas», sinalou a rexedora. n
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025