Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vimianzo organiza unha mostra de pintura e teatro

A sala Antón Mouzo acolleu a presentación da exposición ‘Onde habitan as mouras. Cartografía de nós’, aberta ata o 19 de abril

No centro, a alcaldesa Mónica Rodríguez, e á súa dereita, Carmen Vázquez. | CEDIDA

No centro, a alcaldesa Mónica Rodríguez, e á súa dereita, Carmen Vázquez. | CEDIDA

Redacción

O Concello de Vimianzo está inmerso nunha completa programación de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, unha xornada que leva á vila a organizar diferentes iniciativas de concienciación e sensibilidade en materia de igualdade ao longo do mes de marzo.

A programación continuou onte coa celebración do seu acto central, a lectura do manifesto 8M protagonizado pola mestra e autora María del Carmen Vázquez Canosa. Esta mesma xornada tamén tivo lugar a presentación da exposición de pintura Onde habitan as mouras. Cartografía de nós, de Viki Rivadulla, na Sala de Exposicións Antón Mouzo ás 20.00 horas.

Esta mostra constitúe un proxecto reflexivo arredor do papel das mulleres como gardiás do territorio e portadoras de saberes ancestrais. A artista utiliza a figura das mouras como metáfora das sabias que coidan do mundo e da identidade cultural. Poderá visitarse ata o 19 de abril.

Especial 8M 2026

Especial 8M 2026

Especial 8M 2026

Xa este sábado, o auditorio municipal converterase no escenario da representación Manuel de Patronaxe, ás 20.30 horas. Unha peza de autoficción na que unha escritora reconstrúe a súa identidade a través da memoria e da figura da súa avoa modista, tecendo un relato íntimo e feminista. O programa rematará o luns coa conferencia Muller e Saúde, na casa da cultura, impartido por Teresa Castro.

Tracking Pixel Contents