Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fisterra venera o Santo Cristo da Barba Dourada

Fisterra celebra a Semana Santa con actos relixiosos ademais de concertos e actividades festivas

Asistencia multitudinaria a unha das procesións da Semana Santa de Fisterra. | CEDIDA

Asistencia multitudinaria a unha das procesións da Semana Santa de Fisterra. | CEDIDA

Fisterra

Fisterra está engalanada para renderlle culto ao Santo Cristo da Barba Dourada, patrón ao que lle dedican varios días de festividade que coinciden coa celebración da Semana Santa, declarada de Interese Turístico Nacional.

Hoxe levarase a cabo a saída ao Santísimo Cristo de Fisterra. Os asistentes partirán ás 16.00 horas desde a parada de autobuses e ás 16.30 desde a igrexa de San Xoán de Sardiñeiro. Unha vez no templo de Santa María das Areas, entregaranlle as súas ofrendas ao patrón.

O Domingo de Ramos comezará coa bendición dos ramos e das palmas na Praza da Constitución. Deseguido, celebrarase a procesión da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén ata a igrexa de Santa María das Areas.

O Xoves Santo, ás 20.00 horas, terá lugar a escenificación da Última Cea e o lavatorio de pés. Posteriormente, a veciñanza acompañará a procesión do Paso da Oración no Horto. O Venres Santo comezará coa saída do Nazareno e continuará co Vía Crucis, seguido do Santo Encontro. Pola tarde terá lugar o desencravamento de Xesús e a procesión do Santo Enterro.

ESPECIAL SEMANA SANTA 2026

ESPECIAL SEMANA SANTA 2026

ESPECIAL SEMANA SANTA 2026

Por outra banda, o sábado 4 Fisterra gozará das actuacións da orquestra Capitol, o grupo América S.L. e Disco Fabrik. O domingo aterrarán na vila Miamar, Panorama City e de novo Disco Fabrik. Para rematar a festa, o luns pola tarde haberá festival infantil e pechará a noite por todo o alto o grupo La Bamba.

Tracking Pixel Contents