Rutas e artesanía en vivo para descubrir Vimianzo
Haberá visitas teatralizadas e saídas guiadas

As xornadas de artesanía en vivo desenvolveranse no interior do Castelo de Vimianzo. | CEDIDA
Vimianzo prepárase para unha Semana Santa na que a historia semella latexar entre pedras vellas e mans que crean. O Concello vén de presentar unha programación especial que se desenvolverá desde hoxe ata o 5 de abril, pensada para todos os públicos e coa mirada posta na valorización dun patrimonio único na comunidade.
O corazón desta celebración estará no Castelo de Vimianzo, que lle abrirá as súas portas á artesanía en vivo en xornadas que se desenvolverán en horario de mañá e de tarde. Alí, os visitantes poderán deterse no tempo e observar como nacen pezas únicas a partir da palla, da prata, do vidro de Murano ou do barro, ademais de descubrir o minucioso traballo do coiro, das maquetas ou do encaixe.
Este venres, ao mediodía, a exposición Unha xoia, unha flor, de Esther Ferreiro, amosará a beleza da prata e do vidro de Murano, reforzando a aposta pola difusión dos oficios tradicionais e contemporáneos.

ESPECIAL SEMANA SANTA 2026
ESPECIAL SEMANA SANTA 2026A programación complétase con visitas teatralizadas da man dos Quinquilláns e percorridos guiados polo Castelo, que permitirán ao visitante mergullarse na súa historia. Fóra das murallas, o territorio ábrese en rutas cara aos batáns do Mosquetín, aos dolmens de Pedra Cuberta e da Casa dos Mouros, ao Castro das Barreiras ou ao Porto de Cereixo. Estas visitas guiadas son gratuítas, pero para participar nelas será necesaria a inscrición previa a través da web. n
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago