Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Dumbría celebra as Letras á beira do río Albarellos

O Concello promove unha andaina de 15 quilómetros que parte este domingo ás 9.30 desde o Chan das Lagoas e remata na Devesa da Lúa

O percorrido pasará pola carballera de Berdeogas. | CEDIDA

O percorrido pasará pola carballera de Berdeogas. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Dumbría

Dumbría utlizará o deporte para promover o seu patrimonio natural e cultural con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O Concello promove este domingo unha andaina polo río Albarellos. O punto de saída será o Chan das Lagoas (ás 9.30 horas), punto estratéxico no que en días despexados se pode divisar gran parte da Costa da Morte, desde Malpica ata a Serra do Barbanza, o val de Soneira e a comarca do Xallas, ofrecendo tamén unha panorámica do encoro da Fervenza.

Unha vez os camiñantes pasen pola presa da Laxe, avistarán a contorna da carballeira de Berdeogas, ao tempo que gozarán das paraxes naturais e xoias arquitectónicas que enriquecen o traxecto ata a parroquia, pasando polo leito do río Albarellos.

Os participantes rematarán a camiñada na Devesa da Lúa, situada ao carón da igrexa parroquial, o castro e o conxunto etnográfico conformado pola casa reitoral, o cabazo e o pombal.

Especial das Letras Galegas 2026

Especial das Letras Galegas 2026

Especial das Letras Galegas 2026

O itinerario de tipo circular constará dunha distancia aproximada de 15 quilómetros e o Concello cataloga o seu nivel de dificultade como moderado. Desde a Administración local animan a toda a veciñanza, así como ás persoas visitantes, a participar nesta actividade que combina deporte, natureza e posta en valor do patrimonio local nunha xornada de conmemoración da lingua e da cultura galega. n

TEMAS

Tracking Pixel Contents