Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ESCAPADAS CON ENCANTO 2026

Vimianzo, onde os penedos son arte

Os Penedos de Pasarela son un dos grandes atractivos turísticos de Vimianzo. | CEDIDA

Os Penedos de Pasarela son un dos grandes atractivos turísticos de Vimianzo. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Vimianzo

Os Penedos de Pasarela forman parte do valioso tesouro natural de Vimianzo. Para coñecelos, pode seguirse un sendeiro de 6,5 km de dificultade media. Os penedos son formacións graníticas que a erosión moldeou dando formas tan curiosas como un camelo, unha esfinxe ou unha quenlla. A ruta culmina nun museo natural con espectaculares panorámicas a 274 metros de altura.

Escapadas con Encanto 2026

Escapadas con Encanto 2026

Escapadas con Encanto 2026

A Cachucha, O Berrón, A Aguia, A Tartaruga ou O Gardián son algúns dos seus nomes. A riqueza paisaxística desta contorna serviu de inspiración a grandes autores, como Manuel Rivas ou Eduardo Pondal.

Foi declarada paisaxe protexida pola Xunta en 2009 polo seu interese xeolóxico e xeomorfolóxico.

Tamén en Vimianzo convén visitar o Castelo, o Castro das Barreiras e os Muíños de Mosquetín, a carón do río do Porto. Alí, dúas edificacións albergan sete muíños e tres batáns (estruturas de madeira de orixe medieval que servían para bater tecidos de lá ou liño ata compactalos).

Tracking Pixel Contents