ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026
Historia, fervenzas iluminadas e festas para vivir o verán na Costa da Morte
Vimianzo ofrece, a partir do venres 31 de xullo, visitas teatralizadas nocturnas polo seu castelo

O ciclo de visitas teatralizadas ao castelo sumará este verán encontros nocturnos. | CEDIDA
O verán chegou con forza á Costa da Morte, que ofrece múltiples e variadas propostas de lecer.

Espectáculo de luz e son na fervenza do Ézaro, en Dumbría. | CEDIDA
O Concello vimiancés incorporou como novidade á súa programación estival o programa Nouturnio de Vimianzo, que ofrece visitas teatralizadas nocturnas para descubrir o castelo dun xeito diferente, entre a historia, a lenda e a interpretación.

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026
SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026Esta nova proposta desenvolverase os días 31 de xullo, 5 e 21 de agosto e 5 de setembro, ás 22.00 horas, convertendo a fortaleza nun escenario vivo no que os seus muros, recunchos e personaxes agochados cobrarán protagonismo ao caer a noite. A actividade ofrecerá un percorrido guiado e teatralizado que mergullará ás persoas asistentes nos misterios e relatos que forman parte da memoria do castelo, combinando patrimonio, cultura e espectáculo nunha experiencia inmersiva para todos os públicos.
Con esta iniciativa, o Concello de Vimianzo amplía a súa oferta cultural de verán e continúa apostando por novas fórmulas de divulgación patrimonial que permitan achegar a historia local de maneira atractiva e participativa. As prazas serán limitadas e será preciso realizar inscrición previa a través do código QR habilitado no cartel da actividade.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca que esta nova proposta «permitirá vivir o castelo desde outra perspectiva, aproveitando a maxia da noite para crear unha experiencia singular que combina patrimonio, emoción e cultura».
Pola súa banda, en Dumbría, a máxica fervenza do Ézaro recuperou os espectáculos audiovisuais que iluminan e dan vida á desembocadura do río Xallas. Baixo o lema O eco do Ézaro, a fervenza ilumínase de 22.30 a 00.30 horas todos os venres e sábados de xullo, agosto e setembro ata o 19 dese último mes.
Trátase dun espectáculo que reforza o atractivo dun dos espazos máis visitados e singulares da Costa da Morte, no que veciños e visitantes poden gozar tamén de propostas de lecer e exposicións artesanais. Ademais, ao pé da fervenza sitúase a oficina de turismo.
Dobre cita en Camariñas
E quen se acheguen a Camariñas esta fin de semana terá unha dobre cita festiva. Hoxe terá lugar unha nova edición da Festa da Praia na área recreativa de Xaviña, organizada polo Concello. Ás 12.30 horas oficiarase a misa na honra de Santiago Apóstolo e ás 14.00 horas comezará a tradicional sardiñada gratuíta. A música correrá a cargo de Abrindo o Rejo e O Tren da Unha.
Ata o domingo continúa tamén o encontro Encaixe no Camiño, que hoxe se complementa coa Festa do Marisco, a partir das 19.00 horas.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares