Muxía celebra unha fin de semana de orgullo mariñeiro e tradición popular
Haberá mercado, degustación de peixe e concerto final de Luar na Lubre

Luar na Lubre durante un dos seus concertos / ECG
Saínza Seoane
O Mercado das Rutas do Mar volve a Muxía na súa XVIII edición entre o 8 e o 9 de agosto . Esta festa ten como obxectivo celebrar a tradición e a cultura mariñeira da vila á vez que se desfruta da gastronomía, dos oficios, da música e dos aparellos de traballo. A organización non esquece a cultura do campo. Neste espazo preténdese celebrar como, hai séculos, o traballo do mar uniuse ao da terra para garantir o sustento dos veciños.

Especial Rutas do Mar 2026 / ECG
O Concello de Muxía define o Mercado das Rutas do Mar coma «unha reflexión espontánea e sinxela dos veciños de Muxía sobre aquilo que os fai ser quen son», pero, á súa vez, é unha oportunidade para que o visitante coñeza máis da súa historia.
Pasarrúas, concertos e gastronomía buscan que todos os públicos teñan cabida nestas festas do segundo fin de semana de agosto. A programación inclúe postos de artesanía e alimentación, animación musical, contacontos e máis actividades que buscan ensalzar a tradición mariñeira de Muxía.
Ademais, no segundo e último día das festas, celebrarase a tradicional degustación de peixe que, nesta edición, contará tamén con rodaballo, ademais do habitual peixe espada. O grupo Luar na Lubre será o encargado de pechar a XVIII edición das Rutas do Mar de Muxía.
Un antigo percebeiro, «o pregoeiro perfecto»
A lectura do pregón que marca o inicio da festa recae desta volta en Ramón Vilela Martínez, veciño da localidade ligado ao mar dende que naceu en 1961. En palabras de Sandra Vilela, concelleira de Cultura, o muxián, «o pregoeiro perfecto», foi escollido por «representar a esencia mariñeira da vila».
Aínda que agora xa está xubilado, dedicou toda a súa vida á pesca. A súa traxectoria profesional comeza nos barcos do seu pai e do seu socio, Os Ramóns e O Pirata e, a partir do ano 1997, traballou como percebeiro ata a súa xubilación no ano 2020. Pese a estar retirado, o mar segue presente na súa vida, pois segue vivindo en Muxía.
Ramón Vilela é un abandeirado da súa vila, pois recoñece as súas raíces alá onde vai. A súa historia representa tamén a de moitas familias veciñas de Muxía, por iso foi escollido como pregoeiro das festas. O pregón será mañá sábado día 8 e marcará o inicio do Mercado das Rutas do Mar.
Luar na Lubre poralle o broche de ouro á festa
O emblemático grupo coruñés Luar na Lubre porá punto e final ao Mercado das Rutas do Mar o domingo 9. O folk galego encherá o Porto de Muxía a partir das 22.30 horas ao son das cancións máis populares da formación. A actuación forma parte da xira ‘Lubre: 40 aniversario’, unha serie de concertos cos que celebran as súas catro décadas de traxectoria no panorama musical galego. Un periodo no que lograron consolidarse como referentes da música folk feita en Galicia.
O alcalde muxián, Javier Sar, convida a veciños e visitantes a gozar das Rutas do Mar: «Queremos que Muxía volva ser durante esta fin de semana un punto de encontro para miles de persoas. As Rutas do Mar son unha celebración da nosa identidade, da nosa cultura e da nosa gastronomía. Agardamos que veciños e visitantes desfruten dunha programación pensada para todos e descubran todo o que Muxía ten para ofrecer» nunha fin de semana en que a vila volverá ser un referente da cultura mariñeira, da gastronomía e da artesanía. n
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»
- El Río Breogán vence al Monbus Obradoiro y se enfrentará al Leyma Coruña en la final de la Copa Galicia
- Fallece una mujer tras ser evacuada por una indisposición en el Monte Pindo, en Carnota
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3