Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Saúda da alcaldesa: «As festas son tempo de encontro, convivencia e ilusión»

Saúda da alcaldesa: «As festas son tempo de encontro, convivencia e ilusión»

Saúda da alcaldesa: «As festas son tempo de encontro, convivencia e ilusión»

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo

Vimianzo

Queridas veciñas e veciños,

É para min unha honra dirixirme a vós con motivo das Festas Patronais na honra da Virxe do Carmen e San Roque, unha celebración que cada ano nos reúne arredor das nosas tradicións, da nosa cultura e do sentimento de pertenza a Vimianzo.

Festas de Vimianzo 2026

Festas de Vimianzo 2026

Festas de Vimianzo 2026

As festas representan moito máis ca un programa de actividades. Son un tempo de encontro, de convivencia e de ilusión compartida; días nos que as rúas se enchen de vida e nos que renovamos os vínculos que nos unen como pobo.

Quero ter un emocionado recordo para todas aquelas persoas que xa non están entre nós. A súa pegada permanece viva na memoria colectiva e forma parte da historia das nosas familias e da nosa vila.

O meu saúdo vai tamén para todas as vimiancesas e os vimianceses que viven lonxe da súa terra. A emigración forma parte da nosa identidade e da nosa historia. Sabemos que levades Vimianzo no corazón e que, sempre que é posible, escolledes estas datas para regresar, reencontrarvos coa familia, coas amizades e coas vosas raíces. A vosa presenza é un dos maiores agasallos destas festas.

Quero dar igualmente a benvida a todas as persoas que nos visitan. Convidámosvos a descubrir un concello orgulloso do seu patrimonio, da súa riqueza natural, da súa gastronomía e da hospitalidade da súa xente. Agardo que estes días vos permitan coñecer a esencia de Vimianzo e que vos sintades parte desta celebración.

Quero expresar un agradecemento moi especial á Comisión de Festas, polo seu compromiso, dedicación e polo enorme traballo que realiza ao longo de todo o ano para facer posible estas celebracións. O seu esforzo, xunto coa colaboración das asociacións, dos colectivos, do persoal municipal, das forzas e corpos de seguridade, dos servizos de emerxencias e de todas as persoas que contribúen á organización, é fundamental para que poidamos desfrutar dunhas festas á altura do que merece Vimianzo.

Anímovos a participar, a compartir e a vivir estes días con alegría, respecto e responsabilidade, facendo das nosas Festas Patronais un exemplo de convivencia e unión.

En nome de toda a Corporación Municipal, deséxovos unhas moi felices Festas Patronais.

Viva Vimianzo e felices festas!

Tracking Pixel Contents