El Correo Gallego


Área de Compostela » A Baña
Ordenar por   Resultados por página
Páginas 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7

O Concello da Baña pídelle ao Sergas que cubran as baixas e vacacións da pediatra do centro de saúde

12.12.2019 O alcalde remitiulle cartas á xerente da área sanitaria e á dirección de Atención Primaria // A especialista só atende dous días á semana e, en caso de ausencia, os menores teñen que desprazarse fóra do municipio

A Baña organiza o Mercadiño de Nadal este domingo no polideportivo de San Vicenzo dende as 12.00 horas

10.12.2019 Papá Noel chegará ás seis da tarde para repartir ilusión entre pequenos e maiores // Haberá música e postos de comida, artesanía e produtos naturais // Os espectáculos do mago Martín Camiña e o ‘Autoestopista intergaláctico’ de Aitor Garuz completan o programa

Brincanadal fomentará a conciliación durante as vacacións escolares na Baña

05.12.2019 Inclúe obradoiros dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos // Os interesados deben inscribirse a partir do 9 de decembro // Celébrase do 23 ao 31 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro

Noelia Carnota gaña na categoría cadete a fase comarcal do Campionato escolar de campo a través

04.12.2019 A alumna do CPI San Vicente da Baña competirá no mes de xaneiro na fase intercomarcal que se celebrará en Noia // Máis de 700 alumnos competiron esta mañá na Baña

A Baña conmemora o 25-N percorrendo 22 km do municipio coa marcha “Non camiñarás soa”

26.11.2019 Doce remudistas participaron na iniciativa conxunta cos concellos de Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e Mazaricos // Olivia Lois e Mercedes Pazos foron as remudistas máis nova e de maior idade e Carla Montoiro a que entregou o facho a Negreira // O manifesto institucional amosa “a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencia contra as mulleres” // No acto institucional participaron representantes dos tres grupos da Corporación

O Concello da Baña organiza un plan de formación e divulgación forestal para dar a coñecer a actividade resineira

11.11.2019 O plan encadra diferentes actividades que se levarán a cabo o 21 de novembro e os días 12, 13 e 15 de decembro // As xornadas serán impartidas pola empresa FORESIN e alumnado e docente do obradoiro de emprego ‘Xóvenes2019’ // Os interesados en asistir terán que poñerse en contacto co Concello da Baña

Alumnado do PAI da Baña gozou coa festa do Samaín

01.11.2019 Decoraron o centro, participaron nunha exposición de cabazas e elaboraron ‘pastas terroríficas’

O Concello da Baña organiza unha excursión cultural ao País Vasco entre os días 5 e 8 de decembro

30.10.2019 A viaxe visitará Santander, Bilbao, Portugalete e San Sebastián // O prezo de 320€ inclúe pensión completa, comidas en ruta e guía // Poderán incribirse a partir do 4 de novembro, por teléfono, na Concellaría de Cultura do Concello da Baña

Francisco Pérez toma posesión como edil nun pleno que volve deixar sen soldo ao equipo de goberno

30.10.2019 Pérez Redondo ocupa o escano que deixou vacante Manuel Tourís no grupo Popular // PP e Compromiso por Galicia manteñen os mesmos argumentos para votar en contra da dedicación exclusiva do alcalde e da parcial da concelleira de Cultura

Páginas 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7