El Correo Gallego

Noticia 5 de 63 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

Alba Pérez, Carla Montoiro e Nicolás Carnota, mellores deportistas da Baña do ano 2019

O Concello da Baña organiza unha recepción aos deportistas locais destacados do 2019 o 11 de xaneiro na casa da cultura // Alba Pérez, Carla Montoiro e Nicolás Carnota serán homenaxeados polos seus logros en atletismo, ciclismo e karate

CONCELLO DA BAÑA   | 07.01.2020 
A- A+

O Concello da Baña organiza este sábado 11 de xaneiro un acto de recoñecemento ao duro traballo de Alba Pérez, Clara Montoiro e Nicolás Carnota, mellores deportistas do ano 2019. A casa da cultura acollerá este acto homenaxe a partir das 13.00 horas, no que se entregará uns diplomas á atleta, á ciclista e ao karateka.

Alba Pérez, membro da selección galega de marcha, alzouse como campioa galega sub-18 en 5000 marcha na tempada 2018/2019. Pero ese non foi o seu único logro, xa que conseguiu un 3º posto no XXXVI Campionato de Galicia de Clubes sub-20 e no XXX Campionato de Galicia de Marcha en Ruta. Ademais, Pérez participou en probas de nivel nacional coma o 87º Campionato de España de Marcha en Ruta e o IX Campionato de España de Marcha de Inverno de Promoción con moi bos resultados.

Para Nicolás Carnota o tatami é o seu terreo. Con só 10 anos, este karateka xa conta con logros o de Mellor Deportista do ano para a Federación Galega de Karate e no seu palmarés conta co título de Campión Galego de Kumite Infantil Masculino +45 kg, subcampión no Ranking Nacional e cun ouro na Fase Final da Liga Nacional Infantil, entre outros podios nesta competición.

No caso de Carla Montoiro, ser a campioa galega de contrarreloxo individual e en regularidade, con 13 victorias e 5 segundos postos, e a subcampioa do Open de Galicia e de fondo en carretera son algúns dos méritos que a levaron a ser unha das deportistas do Concello da Baña no ano 2019.

Con todo este éxito, estes rapaces bañenses están a deixar o Concello en moi bo lugar e sobre todo, a demostrar que o futuro do deporte galego e nacional é deles.