Domingo 20.10.2019 Actualizado 19:27
Google    

El Correo Gallego

Noticia 22 de 41 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

Alumnado de Barcala visita o invernadoiro de caraveis e coñeceron como se fai a produción caseira de mel

Preto de 80 nenos e nenas participaron no encontro das escolas de educación infantil da Baña e Negreira // Sumouse o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI San Vicente

FOTO: Concello da Baña
FOTO: Concello da Baña

CONCELLO DA BAÑA  | 27.05.2019 
A- A+

Unha visita ao invernadoiro de caraveis de Ferreirós e aos covos das abellas en Trece foron algunhas das actividades programadas durante o encontro de escolas de educación infantil de Barcala, na que participou alumnado das escolas de Aro (Negreira), Laas e San Vicenzo (A Baña) e tamén de 1º e 2º de Primaria do CPI San Vicente. En total foron máis de 70 nenos e nenas, que estiveron acompañados polo profesorado de cada centro, normalizadora lingüística e a concelleira de Cultura da Baña.

As actividades programadas para este encontro de escolas infantís partiu do CPI San Vicente a primeira hora. A comitiva partiu andando cara Ferreirós, onde fixeron unha parada para visitar o invernadoiro de caraveis (o primeiro da Baña) que rexentan Carmen Fernández e Miguel Quintela, que lles explicaron polo miudo á cativada como hai que facer para recoller os fermosos caraveis que saen de Ferreirós para toda España. Despois de escoitar atentamente todas as explicacións, nenos, nenas e mestres estiveron aprendendo como se fai para plantar unha maceta, con aprendizaxe práctico incluído.

Dende Ferreirós a numerosa comitiva camiñou ata o local social da Carballeira, onde nenos e nenas puideron merendar e xogar xuntos no parque e no terreo que arrodea ao local. E mentres os máis novos se relaxaban e fomentaban as relacións sociais cos compañeiros, os mestres tamén aproveitaron para conversar e repoñer forzas.

A mañá, e a camiñada, rematou en Trece, onde a comitiva visitou a produción caseira de mel de Rosa Ramos e Pepe, e puideron ver os covos das abellas. Pepe fíxolles unha explicación polo miúdo do proceso que ten que seguir para conseguir a mel.

Un ano máis, o alumnado das escolas de educación infantil puideron coñecer outra zona do noso concello e aprender de primeira man e coñece novos oficios que favorecen o d desenvolvemento da economía local, grazas a colaboración desinteresada de veciñas e veciños como Carmen, Miguel, Rosa ou Pepe.