Alumnado do PAI da Baña gozou coa festa do Samaín
Decoraron o centro, participaron nunha exposición de cabazas e elaboraron pastas terroríficas
O alumnado do Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña gozou onte coa festa do Samaín. Dende primeira hora estiveron traballando na decoración do centro e nunha exposición de cabazas na que colaboraron ás familias.
Tamén elaboraron pastas terroríficas de Samaín (con forma de pantasmas, caveira, ósos .) que degustarían ao rematar a xornada nunha merenda na que tampouco faltaron os biscoitos e pastas de cabaza.
Nenas e nenos levaron para a casa unhas axendas personalizadas que lles regalaron dende o Concello da Baña por participar na actividade da exposiciòn de cabazas.
04 nov 2019 / 23:59
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito