El Correo Gallego

Noticia 6 de 52 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

Alumnado do PAI da Baña gozou coa festa do Samaín

Decoraron o centro, participaron nunha exposición de cabazas e elaboraron ‘pastas terroríficas’

FOTO: Concello da Baña
FOTO: Concello da Baña

CONCELLO DA BAÑA  | 01.11.2019 
A- A+

O alumnado do Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña gozou onte coa festa do Samaín. Dende primeira hora estiveron traballando na decoración do centro e nunha exposición de cabazas na que colaboraron ás familias.

Tamén elaboraron ‘pastas terroríficas’ de Samaín (con forma de pantasmas, caveira, ósos….) que degustarían ao rematar a xornada nunha merenda na que tampouco faltaron os biscoitos e pastas de cabaza.

Nenas e nenos levaron para a casa unhas axendas personalizadas que lles regalaron dende o Concello da Baña por participar na actividade da exposiciòn de cabazas.