El Correo Gallego

Noticia 2 de 52 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

Aprazado o feirón da Re-Volta ante a previsión de mal tempo para esta fin de semana

O Concello adoptou esta decisión ante a probabilidade de choivas e a situación da carballeira do Seilán tras as precipitacións destes días // A data de celebración desta romaría anunciarase proximamente

CONCELLO DA BAÑA  | 16.10.2019 
A- A+

O Concello da Baña acaba de aprazar a celebración do Feirón da Re-Volta, previsto para este domingo na carballeira do Seilán dende ás 11.00 horas. O equipo de goberno e os técnicos municipais adoptaron esta decisión ante a previsión de choiva para esta fin de semana e a situación na que se atopa a propia carballeira despois das fortes choivas destes días.

Aínda que non chega a estar asolagado, o terreo da carballeira do Seilán e os arredores están moi húmidos polas últimas choivas, e ante a previsión de máis precipitacións para esta fin de semana, o equipo de goberno tomou a decisión de pospoñer para outra data a celebración da Re-volta, que quere recuperar as a tradición das feiras que se celebraban na comarca a mediados do século pasado.

A data na que se celebrará a terceira edición da Re-Volta anunciarase proximamente.