El Correo Gallego

Noticia 9 de 65 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

A Baña aprobou obras por máis de 830.000 euros para incluír no Plan único da Deputación

Tan so 47.000 euros se destinan a financiar gastos correntes, o resto vai para executar diferentes actuacións // No POS+ contabilízanse obras por 415.000 euros // O Plan complementario suma actuacións por outros 360.000

FOTO: Concello da Baña
FOTO: Concello da Baña

CONCELLO DA BAÑA  | 17.12.2019 
A- A+

O Pleno do Concello da Baña aprobou esta tarde por unanimidade a relación de partidas por máis de 830.000 euros que se van incluír no Plan único de concellos da Deputación da Coruña, no que están englobados tanto o POS+ como o plan complementario. Salvo 47.000 euros que se van destinar a financiar gastos correntes, os preto de 800.000 euros restantes investiranse na execución de diferentes obras. A Baña non destina ningunha partida a redución de débeda e de pago a provedores, ao estar ao día nestas aspectos.

As partidas do Plan POS+ ascenden a 463.554,24 euros, que se van destinar case na súa totalidade a financiar investimentos (415.673 €) e só 47.881 a gastos correntes. A obra máis importante do POS+ vai ser a pavimentación da estrada que comunica Barro con Cantalarrana (146.692 euros). O abastecemento en Barcala (91.625 €) e o saneamento en Seilán e San Mamede (75.574 €) son as outras dúas partidas con maior investimento. Con cargo ao POS+ tamén se executará a pavimentación dunha estrada en Trece (52.051) e outra en Nantón (49.728 euros).

En canto ao plan complementario da Deputación –a estas alturas do ano descoñecese a dotación total que terá–, o Concello da Baña inclúe para o ano 2020 obras valoradas en 366.491 euros. A mellora e reposición do camiño de servizo entre Lameiro e Rial (167.338 euros) e a pavimentación de estradas en Menlle de Arriba-Paradas (86.860 euros) serán as obras máis importantes incluídas no complementario. Con este plan tamén se acometerá a pavimentación de estradas en Señor e Buchain (31.895 €), Failde-Suevos-Faxín (36.244), A Edreira (31.077), Lañas e Fiopáns (49.170), e a que une Gosende coa estrada da Carballeira (36.780). A pavimentación da vía dende o límite con Negreira ata A Tarroeira e San Mamede ascende a outros 48.498 euros, e a do Cruceiro-Canle-Paraxón a 45.964 euros.