El Correo Gallego

Noticia 1 de 63 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

O Concello da Baña destina 3.600 euros a premios no Concurso de disfraces do Entroido do día 29

Haberá catro categorías: individual infantil e adulto; comparsa e carroza // O desfile celébrase o sábado 29 de febreiro a partir das 16.30 horas nas rúas Xacinto Rodríguez, Rosalía de Castro e Praza do Concello

CONCELLO DA BAÑA  | 05.02.2020 
A- A+

O último sábado de febreiro, o día 29, o Concello da Baña organiza o Concurso de disfraces do Entroido, que este ano repartirá 3.600 euros en premios entre as catro categorías contempladas nas bases: individual (infantil e adulto), comparsa e carrozas. Para poder participar, os interesados deberán inscribirse antes do xoves día 27 ben de xeito telemático ou presencial nas dependencias municipais.

O desfile comezará ás 16.30 horas e transcurrirá polas rúas Xacinto Rodríguez, Rosalía de Castro e na Praza do Concello. As comparsas estarán compostas por un mínimo de 10 membros que representarán un mesmo motivo, e as carrozas deberán contar tamén cun mínimo de dez integrantes todos eles enriba dun móbil.

A selección de gañadores realizarase a proposta dun xurado composto por persoas alleas ao Concello. No apartado de premios, as tres mellores carrozas e comparsas levarán premios de 1.000, 500 e 200 euros, respectivamente. Nas categorías individuais, o premio será de 100 euros para o mellor disfrace infantil como para o adulto.

As bases íntegras do concurso e as fichas de inscrición, pódense descargar na páxina web do Concello da Baña. Todas as persoas menores de idade que desexen participar, ademais de inscribirse, deberán entregar unha autorización asinada pola nai, pai ou titores legais.