El Correo Gallego

Noticia 10 de 65 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

O Concello da Baña organiza este domingo a I Andaina Solidaria para colaborar co Banco de Alimentos

Os participantes deberán achegar produtos alimentarios non perecedoiros ou de hixiene persoal // No departamento de Servizos Sociais do Concello está habilitado un punto de recollida para todas as persoas que desexen colaborar

FOTO: Concello da Baña
FOTO: Concello da Baña

CONCELLO DA BAÑA  | 16.12.2019 
A- A+

O Concello da Baña organiza este domingo, 22 de decembro, a primeira edición da Andaina Solidaria, unha iniciativa para colaborar co Banco de Alimentos da Coruña. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente e deberán achegar algún produto alimentario non perecedoiro ou de hixiene personal.

A saída da andaina darase ás 10.00 horas dende a Praza do Concello. Trátase dunha proba non competitiva e de dificultade baixa, na que os participantes percorrerán 5,5 km por diferentes lugares do municipio.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no Concello da Baña, no teléfono669 368 413 ou no formulario en liña que se atopa neste enlace (preme aquí).

Todas as persoas que desexen colaborar co Banco de Alimentos e non teñan previsto participar nesta andaina pódense achegar ata o departamento de Servizos Sociais, na casa consistorial, onde estará habilitado un espazo para depositar alí alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene persoal.