El Correo Gallego

Noticia 14 de 52 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

O Concello da Baña organiza un plan de formación e divulgación forestal para dar a coñecer a actividade resineira

O plan encadra diferentes actividades que se levarán a cabo o 21 de novembro e os días 12, 13 e 15 de decembro // As xornadas serán impartidas pola empresa FORESIN e alumnado e docente do obradoiro de emprego ‘Xóvenes2019’ // Os interesados en asistir terán que poñerse en contacto co Concello da Baña

FOTO: Concello da Baña
FOTO: Concello da Baña

CONCELLO DA BAÑA  | 11.11.2019 
A- A+

O Concello da Baña organiza xunto con FORESIN e AREGA un plan de divulgación e formación forestal, repartido en tres xornadas nas que se falará sobre aproveitamento múltiple dos montes con procedementos ecolóxicos, técnicas de extracción de resina e actividade resineira. O plan estará aberto a todo o público, mais é necesaria a reserva de praza previa.

O 21 de novembro, de 9.30 a 13.30 horas terá lugar na casad a cultura da Baña a xornada sobre o aproveitamento múltiple dos montes con procedementos ecolóxicos, centrándose no resineiro e noutras técnicas de aproveitamento dos piñeiros. Os profesionais da empresa FORESIN e o alumnado e docente do obradoiro de emprego ‘Xóvenes 2019’ serán os encargados de impartir esta xornada.

Xa no mes de decembro impartirase un curso formativo sobre técnicas de extracción de resina nas Escolas Vellas de San vicente da Baña. A actividade terá unha duración de 8 horas repartidas entre as 9.30 horas e as 13.30 dos días 12 e 13 de decembro. Para rematar, o día 15 haberá unha demostración práctica e habilitarase un stand informativo sobre a actividade resineira no mercadiño de nadal da Baña, situado na Praza do Concello de 10.00 a 14.00 horas.

A asistencia está aberta a todo o público, mais é necesario reservar plaza poñéndose en contacto co Concello da Baña a través do 981 886 501, o 682 859 667 e o correo@concellodabana.gal