El Correo Gallego

Noticia 5 de 52 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

O Concello da Baña organiza unha excursión cultural ao País Vasco entre os días 5 e 8 de decembro

A viaxe visitará Santander, Bilbao, Portugalete e San Sebastián // O prezo de 320€ inclúe pensión completa, comidas en ruta e guía // Poderán incribirse a partir do 4 de novembro, por teléfono, na Concellaría de Cultura do Concello da Baña

CONCELLO DA BAÑA  | 30.10.2019 
A- A+

O Concello da Baña organiza unha viaxe ao País Vasco para a ponte festiva da Constitución. Deste xeito, a veciñanza poderá visitar Santander, Bilbao, Portugalete e San Sebastián durante a fin de semana do 5 ao 8 de decembro. A excursión cultural terá un custo de 320 euros e o prazo de inscrición comeza o 4 de novembro.

O prezo da viaxe inclúe pensión completa, comidas en ruta e guía. Os interesados e interesadas en inscribirse deben ser maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas na Baña. A celebración da actividade está suxeita á formación de grupo.

A inscrición farase a partir deo 4 de novembro na Concellaría de Cultura do Concello da Baña, de lunsa a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas ou no teléfono 981 886 501.