El Correo Gallego

Noticia 5 de 24 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

A Escola de Música Tradicional e as Pandeireteiras da Baña gravan a 'Muiñeira de Sabaxáns' para celebrar o Día das Letras Galegas

A peza recolle coplas recuperadas por Antonio Fraguas nas ruadas de Loureiro de Cotobade // Participaron os alumnos de gaita, nenos e adultos, e tamén as pandereteiras, dirixidas por Emilio Lois

CONCELLO DA BAÑA  | 20.05.2019 
A- A+

A Escola de Música Tradicional da Baña e as Pandeireteiras da Baña quixeron celebrar este ano o Día das Letras Galegas gravando en vídeo co ritmo da ‘Muiñeira de Sabaxáns’, unha peza na que se recollen coplas recuperadas por Antonio Fraguas e publicadas no libro ‘Cantigueiro de Cotobade’. Dirixidos polo mestre Emilio Lois, na gravación realizada na área recreativa Agra de Chans participaron nenas, nenos e adultos do grupo de gaitas e tamén as pandeireteiras.

A Concellaría de Cultura da Baña quixo conmemorar deste xeito especial o Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Antonio Fraguas, escritor, historiador e galeguista nado en Cotobade (Pontevedra).

A ‘Muiñeira de Cotobade’ inclúe coplas de Antonio Fraguas que se cantaban nas ruadas de Loureiro (Cotobade) e que foron recollidas polo ilustre galeguista para manter a tradición oral desta zona, como tamén fixo en moitas outras de Galicia. A música foi recollida en Sabaxáns, segundo explica o director da Escola de Música Tradicional da Baña, Emilio Lois.