El Correo Gallego

Noticia 6 de 24 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

'Obradoiro sobre empoderamento e benestar para mulleres' na Baña a vindeira semana

O curso, de carácter gratuíto, celébrase os días 4, 5 e 6 de xuño de 9.30 horas a 13.30 horas no Centro Social e da Terceira Idade da Baña // Está promovido polo Servizo de Educación Familiar e será impartido por Diana Muñoz e Sara Vierna // Busca mellorar a autoestima, o autocoñecemento e ensinar a xestionar os sentimientos de forma positiva

FOTO: Concello da Baña
FOTO: Concello da Baña

CONCELLO DA BAÑA  | 31.05.2019 
A- A+

O Servizo de Educación Familiar do Concello da Baña impulsa un “Obradoiro sobre empoderamento e benestar para mulleres” os días 4, 5 e 6 se xuño dende as 9.30 horas ata as 13.30 horas para potenciar a autoestima e ensinar a xestionar de forma positiva as emocións. A inscrición, que é gratuíta, pódese facer ata o luns día 3 no Servizo de Educación Familiar ou nos teléfonos 981 817 605 ou 608 819 741.

O curso, que ten carácter gratuíto e está enmarcado dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero da Secretaría de Estado de Igualdade, terá dúas docentes: Diana Muñoz, socióloga, traballadora social, formadora e coach experta en eduación emocional e orientación laboral, ademais de colaboradora na asociación “Otro Tiempo”; e Sara Vierna, educadora social con mestría en xénero e políticas de igualdade.

O “Obradoiro sobre empoderamento e benestar para mulleres” terá unha duración total de tres días, o 4, 5 e 6 de xuño dende as 9.30 horas ata as 13.30 horas a fin de facilitar a conciliación das mulleres co horario escolar dos nenos e levarase a cabo no centro social da terceira idade da Baña. Para participaren no mesmo, as interesadas poden anotarse de forma presencial no Servizo de Educación Familiar na casa da cultura ou chamando ao teléfono 981 817 605.

Os obxectivos do taller enmárcanse na mellora do benestar da muller grazas a técnicas de autocoñecemento, reforzo da autoestima e xestión das emocións. Diana Muñoz e Sara Vierna pretenden situar o foco en que tipo de relacións son sas ou aportan benestar, e cales poden estar menoscabando o papel da muller ou influíndoa de forma negativa.

En moitas ocasións, as mulleres polo feito de pertencer ó seu xénero contan cun rol imposto e teñen serias complicacións para facer emerxer as súas habilidades e gustos persoais, segundo Diana Muñoz. O obradoiro, grazas a diversas técnicas de coaching e autocoñecemento, trata de descubrir cales son as fortalezas de cada unha e o que realmente se lle da ben, para mellorar de forma consciente o seu benestar. Os sentimentos tamén xogan un papel clave no programa do curso, pois aprender a xestionar de forma positiva as nosas emocións é esencial para vivir de forma máis plena e consciente.