El Correo Gallego

Noticia 30 de 65 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

O prazo de inscrición do concurso de fotografía e vídeo do proxecto “A Baña Dixital” pecha o 14 de outubro

Poden participar os veciños e veciñas de entre 14 e 30 anos // Unicamente se poderán presentar un máximo de tres imaxes por participante e un vídeo de 30 segundos // Haberá un único premio de 100 euros

CONCELLO DA BAÑA  | 25.09.2019 
A- A+

O proxecto “A Baña Dixital” organiza un concurso de fotografía e vídeo dirixido a persoas de entre 14 e 30 anos. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 imaxes e un vídeo de 30 segundos, tendo como requisitos fundamentais que sexan orixinais, tomadas en calquera punto do Concello da Baña e relacionadas co seu patrimonio cultural, ou paisaxístico. Os materiais que se presenten deben ser entregados no correo electrónico concursofotograficoabana@gmail.com ata o 14 de outubro.

O Concello da Baña organiza un concurso de fotografía e vídeo como parte do proxecto “A Baña Dixital”, que ten como obextivo poñer en valor o patrimonio cultural e paisaxístico do municipio. Os interesados en participar deben ter entre 14 e 30 anos e só poden presentar un máximo de tres imaxes e un vídeo de 30 segundos.

O material audiovisual que se presente pode obterse a través de calquera dispositivo (móbil, cámara...), debe ser tomado nalgún lugar da Baña e estar relacionado co seu patrimonio cultural, ou paisaxístico. Un grupo de profesionais de recoñecido prestixio escollerán entre todas a fotos e vídeos un único gañador que recibirá 100 euros en calidade de premio. Para dito galardón poderase ter en conta tanto imaxes individuais coma series.

As imaxes e vídeos deben ser enviados por mail antes das 12.00 horas do día 14 de outubro de 2019 á dirección concursofotograficoabana@gmail.com. Os vídeos e fotografías remitidos deberán incluír nome completo, lugar de residencia, teléfono e copia do DNI. No caso dos menores de idade deberá acompañarse tamén autorización e DNI da nai, pai ou titor/a legal. As bases do concurso poden consultarse en www.concellodabana.gal.