El Correo Gallego

Noticia 16 de 31 noticia anterior de A Baña Área de Compostela » A Baña

Visitación Fiusa entra no club de centenarias da Baña

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais entregáronlle un ramo de flores na súa casa de San Mamede

CONCELLO DA BAÑA  | 22.04.2019 
A- A+

O club de persoas centenarias conta na Baña con unha nova integrante. O pasado xoves, día 18, Visitación Fiusa Pensado cumpría 100 anos na súa casa de Nantón, na parroquia de San Mamede, ata onde se achegaron o alcalde, Andrés García Cardeso, e máis a concelleira de Servizos Sociais, Alicia Blanco, para entregarlle un ramo de flores e unha réplica en bronce da casa consistorial como agasallo pola súa honomástica. A Asociación de Veciños Outeiro, de San Mamede, tamén se somou a celebración entregándolle outro ramo de flores.

Visitación Fiusa vive en Nantón xunto coa súa filla e a súa neta, que estiveron anos emigradas en Brasil antes de retornar á Baña. Visitación celebrará os seus cen anos coa familia nunha festa privada os vindeiros días.

Visitación Fiusa Pensado ingresou o xoves, día 18, no club de cetenarias da Baña