El Correo Gallego

Noticia 15 de 106 noticia anterior de Boiro Área de Compostela » Boiro

Achegamento á industria do futuro na Asociación Boirense de Empresarios

Analizáronse as claves da competitividade e o cambio de modelo de negocio con expertos

M. T.   | 15.11.2019 
A- A+

Conscientes de que o sector empresarial está a vivir unha auténtica revolución que vai a cambiar os modelos de negocio, a maneira de producir e ofertar produtos, así como o modo de dirixirse ao cliente, a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) acolleu onte unha xornada sque titularon Industria y empresa 4.0. Las claves de la empresa inteligente.

No evento, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, en colaboración co Igape, APD e o Círculo Financiero de Galicia, os presentes analizaron as claves da industria intelixente, que se antoxa imprescindible para mellorar a competitividade empresarial na comunidade. Así, os socios da ABE contemplaron un escaparate do presente e futuro empresarial galego e do mundo a través de tres empresas de alto impacto tecnolóxico.

En primeiro lugar, Aitor Fernández, responsable de desarrollo de negocio de Robotplus, amosou o funcionamento e programación que vai detrás do robot articulado que ten múltiples aplicacións industriais. En segundo lugar, Javier Davila, CEO de Kendra, explicou os últimos avances en realidade aumentada e virtual cunha demostración práctica da tecnoloxía que neste intre están a desarrollar.

Para finalizar, Lucía Míguez, fundadora y CEO de Rysia 3D, unha das empresas pioneiras en impresión 3d galega, explicou aos asistentes o funcionamento, características e principais utilidades da impresión en formato 3d, tanto por fío como por xel.

Unha iniciativa coa que a ABE tratou de facilitar encontros entre os empresarios locais e os expertos e ofrecerlles, deste xeito, formación sobre como utilizar e combinar as ferramentas modernas con outras xa existentes co fin de axudar aos cambios de modelo de negocio que require o mercado actualmente.